Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 812

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de xaneiro de 1997 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas ós opositores que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso convocados por Orde do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19) e están ocupando vacante dotada orzamentariamente.

Por Orde do 8 de marzo de 1996 (DOG do 19) convocáronse procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O apartado 1 da base común 12 da citada orde establece que as prácticas terán por obxecto a valoración das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición, as cales se realizarán nos destinos provisionais que lles corresponda para o desempeño da función docente con plena validez académica.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionario en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario a Manuel de la Rosa Pérez, DNI 30527984, opositor que superou os procedementos selectivos de ingreso e acceso convocados por Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril) e que tivo aprazamento da fase de prácticas durante o curso 1995-96.

Segundo.-Nomear funcionarios en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas, ós opositores que se relacionan nos anexos II, III e IV da Orde do 6 de agosto de 1996 (DOG do 23) e nos anexos I e II da Orde do 30 de setembro de 1996 (DOG do 18 de outubro), coa excepción dos que se relacionan no anexo desta orde, polas causas que se indican.

Terceiro.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos da data na que tomaron posesión no presente curso académico 1996-97, agás para os que estivesen prestando servicios como interinos no curso 1995-96, que será do 1 de outubro de 1996.

Cuarto.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro, (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Quinto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán for-

mular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas e instruccións que sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nomeDisciplinaCausa

Golpe Méndez, EduardoFísica e químicaPermanece corpo PTFP.

Razquín Lizarraga, Mª IsabelBioloxía e Xeol.Permanece corpo mestres.

Sanguinet, HubertFrancésNon reuni-los requisitos establecidos na Orde do 8 de marzo de 1996.

Alonso Álvarez, Cristina Isab.MúsicaNon reuni-los requisitos establecidos na Orde do 8 de marzo de 1996.

González Amillo, JesúsForm. e Or. Lab.Permanece corpo mestres.

Presas López, ManuelForm. e Or. Lab.Permanece corpo PTFP.

Gil Medrano, RobertoForm. e Or. Lab.Permanece corpo mestres.

302