Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 811

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 16 de xaneiro de 1997 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciados pola Orde do 12 de novembro de 1996.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia, por Orde do 12 de novembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 232, do 27 de novembro de 1996), de conformidade

co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia, por Orde do 12 de novembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 232, do 27 de novembro).

Segundo.-Adxudicar destinos, nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Terceiro.-Declarar deserto o posto de traballo código: OT.B01.00.002.15770.021, xefe Unidade Xestión de Ingresos.

Cuarto.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, lles fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Quinto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Sexto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1997.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

NRP/DNI

Grupo

Apelidos e nome

Código

Denominación do posto de traballo

Centro directivo

Localidade

Corpo ou

escala

Nivel

Específico

927257657 A2060AArguello Fernández, Juan CarlosOT.B01.00.000.15770.038Xefe Unidade Persoal e Réxime InteriorAugas de Galicia; Secretaría XeralSantiago de

Compostela

Admón. xeral281.639.104

3325158868 A2060AGarcía de los Huertos Vidal,

Ignacio María

OT.B01.00.002.15770.035Xefe Unidade Xestión OrzamentariaAugas de Galicia; Departamento Réxime Económico FinanceiroSantiago de

Compostela

Admón. xeral/

especial

281.639.104

3328363468 A2053CYbarra San Martín, EstherOT.B01.00.002.15770.039Xefe de Negociado de HabilitaciónAugas de Galicia; Departamento Réxime Económico FinanceiroSantiago de

Compostela

Admón. xeral20590.076

3536445835 A2062ARasilla Buhigas, AlfonsoOT.B99.20.000.36560.001Xefe do Servicio Territorial de Augas de GaliciaAugas de Galicia; Demarcación Galicia SurVigoAdmón. especial281.376.844

401