Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Talleres Rey, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo de Talleres Rey, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-12-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social polo comité de empresa, o día 29-11-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24

de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de decembro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Talleres Rey, S.A.

Anos 1996 e 1997

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

As normas do presente convenio serán de aplicación para tódolos traballadores da empresa.

Artigo 2º.-Normas complementarias.

En todo o non pactado expresamente neste convenio será de aplicación a Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores e demais disposicións vixentes.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor ó se produci-la súa publicación no BOP e manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 1997. Non obstante, os aspectos salariais retrotraerán os seus efectos ó 1 de xaneiro de 1996.

Ó termo da vixencia temporal do presente convenio e mentres non se substitúa por un novo, quedará vixente o contido normativo deste.

Artigo 4º.-Salario.

Durante o ano 1996, e só exclusivamnete durante este ano, a empresa comprometerase a realizar un aumento salarial do 4% sobre os do ano 1995.

Durante o ano 1997, e só exclusivamente durante este ano, a empresa comprométese a realizar un aumento salarial do 3,3% sobre os do ano 1996.

Se o IPC fose superior ó 3,3%, a empresa aboará a diferencia a fin de ano.

Artigo 5º.-Respecto dos dereitos, compensación e absorción.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos cós concedidos por este convenio respecto das materias obxecto de regulación.

Artigo 6º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte de 10.000 ptas. ó mes, descontándose 200 pesetas por cada día laborable que se falte ó traballo, salvo nos supostos seguintes:

a) En caso de accidente de traballo.

b) En caso de enfermidade, percibirase os cinco primeiros días laborables, descontándose o resto.

c) En caso de hospitalización, mentres dure, incluída convalecencia.

d) Cando a falta ó traballo se debe á utilización de horas sindicais.

Artigo 7º.-Antigüidade.

Establécese un suplemento salarial por este concepto de 2.200 pesetas mensuais por cada quinquenio de permanencia efectiva na empresa. No cómputo do quinquenio incluirase o período de aprendizaxe agás o primeiro ano. Os quinquenios comezarán a devengarse a partir do primeiro do mes no que se cumpra.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias anuais, unha de Nadal e outra de verán, que se farán efectivas, a primeira delas, antes do día 20 de decembro, e a segunda, antes do 15 de xullo de cada ano. Consistirán ambas nunha mensualidade de salario e antigüidade.

Artigo 9º.-Axudas de custo.

Tódolos traballadores que por necesidades de servicio teñan que desprazarse a concellos distintos daquel no que radique o centro de traballo, percibirán unha axuda de custo de 4.000 pesetas/día, ou ben media axuda de custo de 2.000 pesetas.

Os días de saída devengarán idéntica axuda de custo e o de chegada reducirase á metade se pasa a noite no seu domicilio, a non ser que tivese que efectuar fóra as dúas comidas principais.

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

Os traballadores afectados por este convenio terán para 1996 unha xornada laboral máxima anual de 1.812 horas de traballo efectivo.

Con data do 31 de decembro, a empresa presentaralles ós delegados de persoal unha proposta do calendario laboral para o ano seguinte.

Artigo 11º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Para premia-la asistencia e puntualidade establécese un premio ou plus para tódalas categorías de 8.350 pesetas por mes de traballo. Para os efectos de perda do plus, fíxase a razón de 334 pesetas por día laborable.

Dada a condición deste premio ou plus:

1. Só se devengará polo día efectivo de traballo.

2. Pérdese o premio ou plus dun día por:

2.1. Unha falta ó traballo.

2.2. Dous atrasos.

2.3. Dúas omisións de control de entrada.

2.4. A ausencia ó traballo (total ou parcial) sen xustificar.

3. Pérdese o premio ou plus do mes por:

3.1. Tres faltas ó traballo (agás por enfermidade).

3.2. Seis omisións do control de entrada.

3.3. Seis atrasos.

3.4. Tres faltas leves.

3.5. Dúas faltas graves.

3.6. Unha falta moi grave.

Para os efectos anteriores considerarase:

1. Atrasos.

1.1. As horas exactas de entrada e saída indicaranse mediante os sinais que a empresa estableza.

Os traballadores deberán encontrarse nos seus postos de traballo ó se daren os sinais de principio e fin de xornada.

O non cumprimento destes requisitos suporá a consideración de atraso, abandono de posto de traballo ou simulación da presencia doutro traballador.

2. Falta parcial ó traballo.

2.1. Todo control de entrada que exceda de trinta minutos sobre o horario de entrada e saída durante a xornada laboral, agás as causas xustificadas.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Ámbalas partes acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias consonte os seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias extraordinarias: supresión.

2. Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perdas de materias primas: realización.

3. Horas extraordinarias estructurais: mantemento.

Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias por períodos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da actividade de que se trate, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente, podendo ser compensadas por un tempo equivalente de descanso en lugar de ser retribuídas monetariamente, sempre que o traballador o acepte.

A cotización por horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e polas estructurais realizarase de acordo co previsto no parágrafo 2º do artigo 7 do R.D. 1/1985, do 5 de xaneiro e Orde do 15 de xaneiro de 1985.

As partes coincidiron na importancia do estricto cumprimento do artigo 35 do Estatuto dos traballadores. Terán a consideración de horas extraordinarias as que se realizan sobre a xornada laboral ordinaria. Aboaranse cun incremento dun setenta e cinco por cento sobre a hora ordinaria.

A iniciativa do traballo en horas extraordinarias corresponderalle á dirección da empresa e á libre aceptación do traballador, salvo no referente ás horas extraordinarias estructurais ou debidas a forza maior, que serán de realización obrigatoria.

Non se terá en conta, para efectos da duración máxima da xornada laboral nin para o cómputo do número das horas extraordinarias, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de horas extraordinarias.

A dirección da empresa informará sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, e conxuntamente co comité de empresa ou os delegados de persoal, notificarallo mensualmente á autoridade laboral, para efectos de darlle cumprimento ó establecido na normativa vixente sobre cotización á Seguridade Social.

Artigo 13º.-Vacacións.

Establécese un período anual de trinta días naturais de vacacións retribuídas pola totalidade das percepcións; non obstante, este período poderá fraccionarse cando a empresa e os traballadores ou os seus representantes así o acorden.

Aínda que a empresa se compromete a que tódolos traballadores desfruten de quince días de vacacións no período que vai desde o primeiro de xuño ata o trinta de setembro, o dito desfrute realizarase de maneira que non o fagan asemade dous traballadores da mesma sección, entendendo por sección as de mecánica, electricidade, chapa e pintura.

As vacacións deberán desfrutarse obrigatoriamente dentro de cada ano natural, e non poderán ser compensadas en metálico nin acumuladas por anos sucesivos.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

A tódolos traballadores que o soliciten, logo de xustificación da súa necesidade, seralles concedida licencia sen perda de retribución polos motivos e períodos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador: catorce días laborables, no caso de que un dos cónxuxes sexa o propio traballador, e medio día laboral se o fosen de irmáns, fillos ou pais.

b) Por nacemento dun fillo, tres días laborables, ampliables a un máis cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto.

c) Por falecemento de pais, pais políticos, fillos e irmáns: tres días naturais. No caso do cónxuxe, serán tres días laborables ampliables a un máis cando o traballador teña que realizar un desprazamento.

d) Por falecemento de netos, irmáns políticos e fillos políticos: dous días naturais.

e) Por enfermidade grave de pais, pais políticos, avós, fillos e cónxuxe: dous días naturais ampliables de mutuo acordo.

f) Por enfermidade grave de fillos políticos: dous días naturais.

g) Por traslado do seu domicilio habitual: un día laborable.

h) Polo tempo necesario para acudir a consulta médica da Seguridade Social, co límite de dezaseis horas anuais xustificándos adecuadamente.

i) Por asuntos propios: dous días laborables ó ano, sen dereito a ningunha percepción.

Artigo 15º.-Percepción en caso de ILT.

Os traballadores en situación de ILT orixinada por accidente laboral ou enfermidade profesional percibirán unha compensación económica que complete a prestación da Seguridade Social, desde o primeiro día da súa percepción, ata o cento por cento dos conceptos salariais do convenio, máis antigüidade.

Non obstante, a exclusión do suposto de enfermidade común, ámbalas partes comprométense a estudia-los casos de especial gravidade nos que se puidese aboa-lo complemento.

O empresario poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador que sexa alegado por este para xustifica-las faltas de asistencia ó traballo, mediante recoñecemento por conta do persoal médico.

A negativa do traballador ó dito recoñecemento poderá determina-la suspensión do complemento.

Artigo 16º.-Aviso de cesamento.

Os traballadores que voluntariamente causen baixa na empresa deberán comunicalo con antelación mínima de quince días; en caso contrario poderán descontarse da liquidación os días de atraso da notificación.

Artigo 17º.-Premio de xubilación.

Os traballadores que se xubilen como máximo á idade regulamentaria de 65 anos percibirán un premio consistente nunha mensualidade se levan na empresa máis de 10 anos de antigüidade; se levasen máis de 20 anos, percibirán dúas mensualidades e se levasen maís de 30 anos, tres mensualidades.

Artigo 18º.-Xubilación especial ós 64 anos.

As partes acordan recomendarlles ós traballadores afectados por este convenio a utilización do sistema especial de xubilación ós 64 anos, ó cento por cento dos dereitos que legalmente lles correspondan, con simultánea contratación doutros traballadores desempregados rexistrados nas oficinas de emprego, en número igual ó de xubilacións anticipadas que se pacten, por calquera das modalidades de contrato vixente na actualidade, agás as contratacións a tempo parcial, con período de duración en todo caso superior ó ano, e tendo o máximo legal respectivo, sempre e cando legalmente se estableza tal posibilidade de xubilación especial ós 64 anos, en consonancia co antes sinalado, todo iso de acordo co establecido no R.D.L. 14/1981, do 20 de agosto e normas complementarias.

Artigo 19º.-Seguro de vida.

A empresa concertará unha póliza ou renovará a xa existente, garantíndolles ós traballadores ou beneficiarios a percepción de 2.000.000 de pesetas en caso de morte, sexa por morte natural ou por accidente, e en caso de invalidez absoluta ou gran invalidez.

Os traballadores que causen alta na empresa durante a vixencia deste convenio serán incluídos no seguro, unha vez que superen o período de proba.

Artigo 20º.-Comisión mixta.

Será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do convenio, coas seguintes funcións específicas:

a) Interpretación auténtica do convenio.

b) Vixilancia do cumprimento do pactado.

c) Seguimento da evolución das relacións entre as partes contratantes.

d) Entender en cantas cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

As resolucións adoptadas de mutuo acordo terán carácter vinculante. En caso de dúbida, a comisión elevará a consulta á autoridade laboral competente.

Artigo 21º.-Denuncia.

Con dous meses de antelación, polo menos, ó remate da súa vixencia, calquera das partes poderá denuncialo, notificándollo á outra parte por medio de carta certificada ou outra forma fidedigna. As partes comprométense a constituí-la comisión negociadora no prazo dun mes.

Artigo 22º.-Ámbito territorial.

As normas do presente convenio serán de aplicación para tódolos traballadores da empresa da provincia da Coruña.

ANEXO I

Táboa salarial Talleres Rey, S.A. Tareysa

Ano 1996

Categorías

Soldo

base

Plus

asistencia

Plus

transporte

Total

mes

Titulado superior107.1068.35010.000125.456
Titulado medio103.3518.35010.000121.701
Xefe vendas99.6508.35010.000118.000
Xefe post-venda99.6508.35010.000118.000
Xefe Admtv. 1ª99.6508.35010.000118.000
Xefe Admtv. 2ª85.1238.35010.000103.473
Oficial Admtv. 1ª75.0278.35010.00093.378
Oficial Admtv. 2ª72.5708.35010.00090.920
Oficial Admtv. 3ª68.8728.35010.00087.222
Aux. Admtv. 1ª66.6558.35010.00085.005
Aux. Admtv. 2ª65.4258.35010.00083.775
Contable79.9528.35010.00098.302
Xefe almacén99.6508.35010.000118.000
Xefe taller99.6508.35010.000118.000
Mestre taller79.9528.35010.00098.302
Vendedor 1ª76.2588.35010.00094.608
Vendedor 2ª75.0278.35010.00093.378
Vendedor 3ª72.5658.35010.00090.915
Oficial 1ª75.0278.35010.00093.378
Oficial 2ª72.5658.35010.00090.915
Oficial 3ª68.8728.35010.00087.222
Dependente75.0278.35010.00093.378
Dependente menor 25 a.68.8728.35010.00085.005
Chofer camión75.0278.35010.00093.378
Chofer turismo72.5658.35010.00090.915
Probador75.0278.35010.00093.378
Lavado e engraxe65.4258.35010.00083.775
Recepcionista75.0278.35010.00093.378
Mozo-peón65.4258.35010.00083.775
Telefonista66.6558.35010.00085.005

ANEXO I

Táboa salarial Talleres Rey, S.A. Tareysa

Ano 1996

Categorías

Soldo

base

Plus

asistencia

Plus

transporte

Total

ano

Titulado superior1.499.48491.850110.0001.701.334
Titulado medio1.446.91491.850110.0001.648.764
Xefe vendas1.395.10091.850110.0001.596.950
Xefe post-venda1.395.10091.850110.0001.596.950
Xefe Admtv. 1ª1.395.10091.850110.0001.596.950
Xefe Admtv. 2ª1.191.72291.850110.0001.393.572
Oficial Admtv. 1ª1.050.37891.850110.0001.252.228
Oficial Admtv. 2ª1.015.98091.850110.0001.217.830
Oficial Admtv. 3ª964.20891.850110.0001.166.058
Aux. Admtv. 1ª933.17091.850110.0001.135.020
Aux. Admtv. 2ª915.95091.850110.0001.117.800
Contable1.119.32891.850110.0001.321.178
Xefe almacén1.395.10091.850110.0001.596.950
Xefe taller1.395.10091.850110.0001.596.950
Mestre taller1.119.32891.850110.0001.321.178
Vendedor 1ª1.067.61291.850110.0001.269.462
Vendedor 2ª1.050.37891.850110.0001.252.228
Vendedor 3ª1.015.91091.850110.0001.217.760
Oficial 1ª1.050.37891.850110.0001.252.228
Oficial 2ª1.015.91091.850110.0001.217.760
Oficial 3ª964.20891.850110.0001.166.058
Dependente1.050.37891.850110.0001.252.228
Dependente menor 25 a.964.20891.850110.0001.166.058
Chofer camión1.050.37891.850110.0001.252.228
Chofer turismo1.015.91091.850110.0001.217.760
Probador1.050.37891.850110.0001.252.228
Lavado e engraxe915.95091.850110.0001.117.800

Categorías

Soldo

base

Plus

asistencia

Plus

transporte

Total

ano

Recepcionista1.050.37891.850110.0001.252.228
Mozo-peón915.95091.850110.0001.117.800
Telefonista933.17091.850110.0001.135.020

445