Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 1997 Páx. 795

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 29 de novembro de 1996 pola que se aproba o deslindamento parcial do monte común de Tameiga, pertencente á Comunidade de Tameiga do concello de Mos (Pontevedra).

Examinado o expediente de deslindamento parcial do monte común de Tameiga pertencente á Comu

nidade de Tameiga do concello de Mos (Pontevedra) e tendo en conta os seguintes,

Antecedentes de feito

1º.-Que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común en Resolución do 1 de febreiro de 1979 acorda clasificar como veciñal en man común o monte común de Tameiga, outorgando a súa propiedade ós veciños da parroquia de Tameiga, no concello de Mos (Pontevedra).

2º.-Que o dito monte, dada a súa situación, atópase sometido a ocupacións e usurpacións, que provocan actuacións de denuncias e accións xurídicas constantes, tanto pola comunidade propietaria, como pola Administración forestal.

3º.-Que para tratar de palia-lo dito problema o 30 de decembro de 1991 a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, aprobou unha proposta de gastos co obxecto de realiza-lo deslindamento parcial do monte no seu límite máis conflictivo, adxudicando a execución deste á empresa P.G.-Galicia.

4º.-Que a tramitación previa ó apeo se executou cumprindo as prescricións establecidos nos artigos 96 e seguintes do Regulamento de montes do 22 de febreiro de 1962, e acordouse a práctica de anotacións preventivas sobre 26 predios.

5º.-Que o apeo se iniciou, de acordo coa data prevista, o 14 de outubro de 1992, no lugar e hora indicados, coa asistencia dos representantes da Administración autonómica, da comunidade propietaria e de cantos quixeron asistir a el.

6º.-Que o 19 de abril de 1993 o enxeñeiro operador elaborou o seu informe, abríndose un período de vista e reclamacións no que se presentaron 25 reclamacións, das que 10 non foron admitidas por non cumpri-los requisitos legais establecidos no artigo 121 do Regulamento de montes, e as outras 15 recibiron o informe do Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra con data do 15 de decembro de 1995.

7º.-Que con data do 25 de setembro de 1996, e de conformidade co establecido no artigo 124 do Regulamento de montes, remitíronselle á comunidade propietaria do monte, as reclamacións admitidas e o informe do Gabinete Xurídico Territorial, dándolle un prazo de 15 días, para manifestar se accedía ás pretensións dos reclamantes. A comunidade propietaria contestou manifestando o seu rexeitamento a tódalas reclamacións e a súa aceptación do informe do Gabinete Xurídico Territorial.

8º.-Que con data do 6 de novembro de 1996, o xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra elevou o seu informe-proposta xunto co expediente á Consellería de Agricutura, Gandería e Montes.

Fundamentos de dereitos

I.-O Servicio de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra é competente para verifica-lo referido

deslindamento, cumpridas tódolas prescricións legais en canto a publicidade, notificacións e demais requisitos esixidos pola lexislación vixente, e esta Consellería de Agricultura, Gandería e Montes é competente para dicta-la presente orde, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957, en relación co Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

II.-Os interesados presentaron a documentación que estimaron conveniente á defensa dos seus intereses que foi informada polo Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra que manifesta no seu informe como conclusión .. a titulación examinada presenta moitas dúbidas para poder ser considerada suficiente nunha verdadeira investigación da propiedade, e non parece poder gozar da presunción do artigo 34 da Lei hipotecaria, que protexe ó terceiro adquirente, xa que se esixe a previa inscrición do transmitente, e sen prexuízo das dificultades que se opoñerán pola existencia dunha inscrición anterior, non controvertida, en favor da comunidade parroquial, e aínda que a fe pública rexistral non se estende ás circunstancias físicas dos predios, non pode descoñecerse a existencia desta, como unha realidade xurídica e rexistral.

Por outra banda o enxeñeiro operador na clasificación de predios e dereitos non atopa ningún amparado polo artigo 34 da Lei hipotecaria, e que de 23 predios, dos que se presentaron os títulos en tempo e forma, existen indicios suficientes de que puideran pertencer, total ou parcialmente ó monte, ademais doutros 3, dos que non se presentaron títulos en tempo e forma, tamén existen indicios de que puideran pertencer, total ou parcialmente, ó monte.

III.-No informe do Gabinete Xurídico Territorial de Pontevedra emitido o 15 de decembro de 1995, en relación coas reclamacións presentadas ó expediente, se indica, entre outras cousas:

1º.-Que o deslindamento ten que levarse a cabo de conformidade coa resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, xuntamente cos antecedentes que serviron de base a tal resolución.

2º.-Que non poden terse en conta as reclamacións e documentacións presentadas fóra de prazo, nin aquelas que sendo presentadas en tempo non xustificaron documentalmente as súas pretensións, sen prexuízo de que poidan demostra-la persistencia dos seus dereitos na vía administrativa ou civil.

3º.-Tampouco debemos esquecer que no expediente constan as sentencias do Xulgado de Primeira instancia de Tui, do 24 de xullo de 1973, e da Audiencia da Coruña do 10 de abril de 1974, nas que se recolle de forma indubitada o carácter de veciñais en man común dos montes da parroquia de Tameiga.

Polo que non poden prospera-las reclamacións formuladas, carentes de base documental, xudicialmente adecuada.

E no mesmo sentido maniféstase a comunidade propietaria do monte na súa contestación ás reclamacións, indicando que:

1º) O deslindamento parcial que se propón ten que axustarse á delimitación física do monte de utilidade pública nº 475, base da inscrición rexistral do monte no ano 1962 a favor da parroquia de Tameiga e que é o apoio da resolución de clasificación do monte como veciñal en man común do 1 de febreiro de 1979.

2º) Á luz da xurisprudencia da Sala do Contencioso-Administrativo, o deslindamento consiste exclusivamente en atopar no terreo e marcar nel as referencias físicas sinaladas como límites no acordo clasificatorio.

3º.-A interpretación e integración do Regulamento de montes debe facerse en razón á especial natureza constitucional e legalmente recoñecida dos montes veciñais en man común, segundo a xurisprudencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Vistos:

A Lei de montes, do 8 de xuño de 1957, e o regulamento para a súa aplicación, do 22 de febreiro de 1962.

A lexislación vixente en materia de montes veciñais en man común.

O Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O informe-proposta do xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais de Pontevedra.

Esta consellería de Agricultura, Gandería e Montes, por proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

1º.-Aproba-lo deslindamento parcial do monte común de Tameiga pertencente á comunidade da parroquia de Tameiga, no concello de Mos (Pontevedra), de acordo coa seguinte descrición:

A-1) Parcela principal.-Delimitada pola liña poligonal que une os piquetes correlativos numerados do 1 ó 124, do 124 ó 125 pasando polos vértices, a, b, c, d, e, f, g, e do 125 ó 201.

A-2) Parcela Fonte da Patela.-Cunha superficie de 0,8375 hectáreas e delimitada polos piquetes correlativos numerados do 1' ó 9'.

B) Encravados.-No monte existe un encravado de superficie 0,9445 hectáreas e limitado polos piquetes correlativos numerados do 1a ó 9a, sendo os seus propietarios os herdeiros de Carmen e Antonio Pereira Lago.

c) Servidumes.-Non ten outras que as de paso a través das estradas e camiños públicos que o atravesan.

De acordo coas actas, rexistro topográfico e planos que figuran no expediente.

2º.-Atribuír ó monte as parcelas que a seguir se describen:

1) Chans o Rebullón.

Superficie: 0,315 hectáreas.

Lindeiros: camiños por tódolos ventos.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Redondela. Tomo 343, libro 74, predio 10.090. Inscrición 1.

2) Rebullón.

Superficie: 0,6895 hectáreas.

Lindeiros: N e L: camiño; S: camiño e Adoración Pérez González; O: herdeiros de Ben-jamín Castro Pichel.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Redondela. Tomo 343, libro 74, predio 10.091. Inscrición 1.

3) Cabecera da Cachada.

Superficie: 0,255 hectáreas.

Lindeiros: N e L: camiño e herdeiros de Benjamín Castro Pichel; S: camiño; O: Albino Pérez Vila.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Redondela. Tomo 343, libro 74, predio 10.092. Inscrición 1.

4) Rebullón.

Superficie 0,3075 hectáreas.

Lindeiros: N: Manuel Dámaso Vicente; S e O: camiño; L: camiño e Ramona Fidalgo Grande.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Redondela. Tomo 343, libro 74, predio 10.093. Inscrición 1.

As catro reclamadas por Juan Manuel Berges Rodríguez e outros.

5) Ortiga.

Superficie: 0,1 hectáreas.

Lindeiros: N: Manuel Castro Pichel; S: Manuela Lago; L e O: valado.

Non inscrita.

6) Salgueira.

Superficie: 0,015 hectáreas.

Lindeiros: N: Manuel Pomares; S: monte; L e O: Cristina Lago.

Non inscrita.

As dúas reclamadas por Ángel González Ramilo.

7) Ortigas.

Superficie: 0,28 hectáreas.

Lindeiros: N: monte comunal e propiedades priva- das; S, L e O: camiño.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Redondela nº 3849 do Diario 25 de data do 18 de agosto de 1980.

Reclamada por María Rodríguez Grova.

8) Lugar do Monte.

Superficie: 0,5 hectáreas.

Lindeiros: N: camiño e Ceferino Alonso Alonso; S: Julio Gómez Otero; L: Manuel Castro.

Pichel; O: Adelina Castro.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Redondela.

Tomo 329, libro 11, predio 9.375.

Reclamada por Edelmiro Pichel Cea.

9) Ortiga.

Superficie: 0,3 hectáreas.

Lindeiros: N: Florinda Campos; S: Benito Alonso;

L: camiño; O: rego.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Redondela. Tomo 355, libro 79, predio 11.055. Inscrición 1.

10) Lugar do Monte.

Superficie 0,3 hectáreas.

Lindeiros: N: rego; S: camiño; L: Julio Gómez Catro; O: monte.

Non inscrita.

As dúas reclamadas por Crisanta Alonso Castro.

11) Barcelos.

Superficie: 0,14 hectáreas.

Lindeiros: N: Albita Campo Bastos; S: Antonio Sánchez; L: Casiano Pereira; O: Marcelino Leiras Alonso.

Non inscrita.

Reclamada por Mª del Carmen Bugarín Alonso.

12) Cochaina.

Superficie: 0,2 hectáreas.

Lindeiros: N: Enrique Touceda; S: Bienvenido Alonso; L: rego; O: monte.

Non inscrita.

Reclamada por Urcesino Alonso Carrera.

13) Olmos de Arriba.

Superficie: 0,0835 hectáreas.

Lindeiros: N: Cesáreo Campos e herdeiros de José Míguez; S: María Dafas Barro; L: camiño; O: Jaime Bugarín.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Redondela. Tomo 372, libro 84, predio 12.020

14) Olmos de Arriba o Escochaina.

Superficie: 0,258 hectáreas.

Lindeiros: N: rego; S: Emérita Bugarín e outros; L: Jaime Bugarín e outros; O: rego.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Redondela.

Tomo 372, libro 84, predio 12.021

As dúas reclamadas por José Bugarín Rorís.

15) Fonte da Portela.

Superficie: 0,6 hectáreas.

Lindeiros: N, S e O: camiño; L: Rogelio Dávila.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Redondela. Tomo 353, libro 78, predio 10.785 e 10.788

Reclamada por Jesús Pérez Vila e Paulino Pérez Vila.

16) Cochaina.

Superficie: 0,35 hectáreas.

Lindeiros: N: Marcelino Leiros Alonso e Ángel Alonso; S e O: Ángel Alonso; L: camiño.

Non inscrito.

17) Cochaina.

Superficie: 0,35 hectáreas.

Lindeiros: N. monte; S: Enrique Touceda Maceira; L: Marcelino Leiros; O: Ángel Alonso.

Non inscrito.

As dúas reclamadas por Francisco Touceda Domínguez.

18) Rebullón.

Superficie: 1,001 hectáreas.

Lindeiros: N: Ángela Lago Pichel e outros; S: ca- miño; L: Carmen Rosales; O: Albino Pérez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Redondela. Tomo 3.550, libro 76, predio 10.436

Reclamada por Carlos Vila Morales e outros.

19) Coto Loureiro.

Superficie: 0,17 hectáreas.

Lindeiros: N: Manuel Castro Pichel; S e O: camiño; L: valado.

Non inscrito.

Reclamada por Manuel Cea Rocamonde.

20) Ortiga.

Superficie: 0,1472 hectáreas.

Lindeiros: N, L e O: camiño; S: José Gaspar Rodríguez.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Redondela. Tomo 329, libro 71, predio 9.360. Inscrición 2.

Reclamada por Magdalena Gaspar Rodríguez.

3º.-Acorda-la cancelación de tódolas anotacións preventivas de deslindamento, agás as correspondentes ós acordos:

Nº 2: predio Chans, propietario Ángel Pampillón Carrera.

Nº 3: Chans, Albino Pérez Vila.

Nº 9: Costas, José Bugarín Rorís.

Nº 12: Costas, José Bugarín Rorís.

Nº 13: Cochaina, Enrique Touceda Maceira.

Nº 14: Cochaina, Enrique Touceda Maceira.

Nº 20: Contada do Penedo, Consuelo Portela.

Nº 21: Monte do Corvo, Marcelino Leirós Alonso.

4º.-Declarar, expresamente, que no referente ás reclamacións de propiedade a presente resolución esgota a vía administrativa e que queda expedita a vía xudicial civil.

5º.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en contra dela só cabe interpo-lo recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día da súa entrada en vigor.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1996.

(P.D. Orde 13/12/1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

475