Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa e declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación de producción acollida ó réxime especial. (Expediente IN 661 A-96/2-I).

Para os efectos previstos nos Decretos 2617/1968, 2619/1966, 2366/1994 e 205/1995 sobre autorización de instalacións eléctricas, polos que se regula o aproveitamento da enerxía eólica, sométese a información pública, para outorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación acollida ó réxime especial, as instalacións eléctricas que se citan:

-Solicitante: Euro Vento, S.L. Unipersonal.

-Domicilio: rúa Galeras, 17-3º, oficina 3.15705 Santiago de Compostela.

-Instalación: parque eólico Paxareiras II-E. Municipio de Dumbría (A Coruña).

-Características técnicas:

Superficie afectada: 2.312 ha.

Coordenadas: V1(492000.0000 W, 4754000.0000 N), V2(490000.0000 W, 4754000.0000 N), V3(488818.2066 W, 4762272.5537 N), V4 (492000.0000 W, 4763333.0000 N), V5 (492000.0000 W, 4754000.0000 N).

-23 aeroxeradores de 600 kW de potencia nominal unitaria cunha potencia total de 13,8 MW.

-23 transformadores de 800 kVA de potencia nominal unitaria e tensións de 0,690/20 kV; liñas eléctricas subterráneas en media tensión a 20 kV de interconexión dos trafos coa subestación transformadora.

-Subestación eléctrica 20/66 kV equipada cun transformador de potencia de 26 MVA e un transformador de servicios auxiliares de 250 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 9 de decembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-185