Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa e declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación de producción acollida ó réxime especial. (Expediente IN 661 A-96/3-I).

Para os efectos previstos nos Decretos 2617/1968, 2619/1966, 2366/1994 e 205/1995 sobre autorización de instalacións eléctricas, polos que se regula o aproveitamento da enerxía eólica, sométese a información pública, para outorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación acollida ó réxime especial, as instalacións eléctricas que se citan:

-Solicitante: Euro Vento, S.L. Unipersonal.

-Domicilio: rúa Galeras, 17-3º, oficina 3.15705 Santiago de Compostela.

-Instalación: parque eólico Paxareiras II-F. Municipio de Dumbría e Mazaricos.

-Características técnicas:

Superficie afectada: 3062,5 ha.

Coordenadas: V1(498500 W, 4750000 N), V2(492000 W, 4750000 N), V3(492000 W, 4756000 N), V4 (495672 W, 4756000 N), V5 (497500 W, 4751700 N), V6 (498330 W, 4751700 N), V7 (498500 W, 4750000 N)

-41 aeroxeradores de 600 kW de potencia nominal unitaria cunha potencia total de 24,6 MW.

-41 transformadores de 800 kVA de potencia nominal unitaria e tensións de 0,690/20 kV; liñas eléctricas subterráneas en media tensión a 20 kV de interconexión dos trafos ca subestación transformadora.

-Subestación eléctrica 20/66 kV equipada cun transformador de potencia de 48 MVA e un transformador de servicios auxiliares de 250 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas recla

macións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 9 de decembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

132