Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 1997 Páx. 771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/115-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

-Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

-Enderezo social: r/ Tte. Xral. Gómez Zamalloa 9-1º, 15005 A Coruña.

-Denominación: reforma da L.M.T. Cillobre-Laracha-Proame.

-Situación: Concello de Laracha.

-Descricións técnicas: reforma da L.M.T. Cillobre-Laracha-Proame, pasando de aérea a subterránea, nun tramo de 128 metros de lonxitude en conductor R.H.V. 3 (1x195) mm de Al, no núcleo urbano de Laracha. Concello de Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 5 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-184