Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación Provincial de Empresas de Carpintería y Ebanistería de A Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, fáise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) des

ta delegación provincial, foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Provincial de Empresas de Carpintería y Ebanistería de A Coruña, coa nova redacción dada ós artigos 26 e 36.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos Francisco Javier González Outomuro (secretario) e Cándido Hermida Campos (presidente).

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 18 de decembro de 1996.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

152