Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación de la Prensa Deportiva de A Coruña (APDC).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, e para os efectos previsto nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación de la Prensa Deportiva de A Coruña, coa nova redacción dada ó artigo 1.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos Juan Guillín Varela (secretario) e Manuel Hernández Sánchez (presidente).

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 18 de decembro de 1996.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

333