Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do conxunto de predios coñecido como Eucaliptal de Chavín, sito na parroquia de Chavín, termo municipal de Viveiro (Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 18.2º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 46.2º do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda,

RESOLVO:

Facer público que, por razóns das peculiaridades do inmoble, ó constituír un contorno natural de singular beleza, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, a utilización do procedemento de contratación directa na adquisición do conxunto dos predios nomeado Eucaliptal de Chavín, sito na parroquia de Chavín, termo municipal de Viveiro (Lugo).

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

175