Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa na adquisición a título oneroso do inmoble coñecido como Salón Teatro, sito na Rúa Nova, 34, de Santiago de Compostela (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 18.2 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio de comunidade autónoma e 46.2 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o disposto no Decreto 117/1994, do 4 de marzo, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 88, do 9 de maio),

RESOLVO:

Facer público que por razón da necesidade de dispor dun espacio cultural, así como de producción e distribución de espectáculos teatrais do Centro Dramático Galego, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Cultura e Comunicación Social, a utilización do procedemento de contratación directa, con base nas peculiaridades do ben, na adquisición do inmoble coñecido como Salón Teatro, sito na Rúa Nova, 34, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

320