En cumprimento do disposto no artigo 22.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo,
RESOLVO:
Facer público que, por razón das peculiaridades do inmoble, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun inmoble sito na praza de Europa, 5A-4ª (edificio Área Central), de Santiago de Compostela, para a instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1996.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda
0172