Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun local en Nigrán destinado á instalación de dependencias da comunidade autónoma.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 55 de seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das peculiaridades do inmoble e en virtude do disposto no artigo 55.2 do Decreto 50/89, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun inmoble en Nigrán para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

173