Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 705

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (48/1995).

Ramón Lojo Aller, maxistrado xuíz do Xulgado do Penal número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fago saber que na executoria 48/1995, seguida por delicto de contrabando contra Amancio Tilve Fontán, acordouse sacar a poxa pública, por primeira, segunda e terceira vez e por termo de vinte días, o vehículo propiedade do penado Amancio Tilve Fontán, cabeza de tractor marca Iveco, modelo 190.42T, matrícula LO-2478-H, matriculado o 15 de decembro de 1986 e valorado pericialmente en dous millóns de pesetas.

Para o acto da poxa, sinálase o vindeiro día vintenove de xaneiro de 1997, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado e os días vinteoito de febreiro de 1997, ás doce horas, e vinteoito de marzo de 1997, ás doce horas, para o suposto de que non houbese licitadores, respectivamente, na primeira e segunda poxas.

Prevense os licitadores:

1. Que servirá de tipo para a primeira poxa o prezo de taxación de 2.000.000 de ptas., as 2/3 partes del para a segunda e a terceira, se é o caso, celebrarase sen suxeición a tipo.

2. O remate non se poderá facer en calidade de o ceder a un terceiro.

3. Para tomar parte na poxa, deberán consignar na mesa do xulgado o 20% do tipo polo que sae a poxa; e en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, xuntando resgardo de ter depositada a consignación no BBV, oficina principal de Santiago de Compostela, número de conta 66.000-4, clave 1585, concepto 78, executoria 48/1995.

O vehículo atópase nunha nave sita no lugar de Lampai-Teo (antiga carpintería de aluminio). A documentación e chaves do dito vehículo, así como da nave atópanse depositadas neste xulgado.

Santiago de Compostela, dezasete de decembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado xuíz

Rubricado

174