Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 705

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (294/1995).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

Dou fe e testemuño de que nos autos de xustiza gratuíta de que se fará mérito consta a sentencia que contén o encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, o 26 de novembro de 1996, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta cidade e do seu partido, vistos os presentes autos de xustiza gratuíta nº 294/1995, seguidos perante este xulgado entre partes, dunha, como demandante, Francisco Javier Carracedo Parga co procurador Manuel Merelles Pérez, e doutra, como demandada, Begoña Castro Seráns e o avogado do Estado.

Decido que, estimando a demanda promovida polo procurador Merelles Pérez en nome e representación de Francisco Javier Carracedo Parga, debo recoñecer e recoñezo o dereito a xustiza gratuíta para litigar contra Begoña Castro Seráns ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, na demanda de separación, sen pronunciar sobre as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes á súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña».

E para inserir no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á demandada Begoña Castro Seráns, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o cinco de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9662