Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 1997 Páx. 705

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (51/1993).

Mª Lorenza Fernández Calaza, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción número un de Padrón e o seu partido fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xuízo de faltas número 51/1993, nos que recaeu sentencia en grao de apelación que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«Na Coruña o trinta e un de maio de mil novecentos noventa e cinco. No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, no xuízo de faltas número 51/1993, seguido de oficio por imprudencia, no que figura como apelante Irene Muíños Nieto, e como apelante adherido Jose Antelo Calvo, e como apelados o Ministerio Fiscal, Christian Kluth, Gan, Cía de Seguros e Reaseguros, S.A., Gervais Danone France, Ital Iberia, Nacional Suíza Orion e José Blanco Gondad.

Decido

Condeno a Christian Kluth como autor dunha falta de imprudencia simple sen infracción de regulamentos á pena de 50.000 ptas. de multa con arresto substitutorio de 5 días no caso de non pagamento e a que indemnice a Irene Muíños Nieto e a José Antelo Calvo, nas sumas acordadas no fundamento xurídico segundo desta resolución con responsabilidade civil subsidiaria da propietaria do vehículo Gervais Danone France, e coa responsabilidade civil directa da compañía aseguradora Gan, sendo de aplicación en relación con esta última o disposto na disposición adicional terceira da lei orgánica 3/1989, e reservándolles ós demais prexudicados as accións que puidesen corresponderlles a exercitar no procedemento civil que resulte oportuno.

As custas da primeira instancia impóñenselle ó condenado e decláranse de oficio as desta alzada».

E para a súa publicidade e que lle sirva de notificación ó demandado non comparecido Gervais Danone France, en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto en Padrón o 18 de decembro de 1996.

A secretaria

Rubricado

9569