Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 13 de decembro de 1996, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1.-Aprobar inicialmente a modificación puntual do sector A-6 do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, por petición de Julián Tedís Esmorís, en representación da xunta de compensación do predio Pombeiro.

2.-Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes, anunciándoa no BOP, no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

De conformidade co disposto no artigo 128 do R.D. 2159/1978, do 23 de xuño, sométese o citado expediente a exposición pública polo plazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio supre as circunstancias que poidan concorrer no disposto no Art. 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de xaneiro de 1997.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

97-9567