Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle predio A Torre (expediente 3183/411).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do día 15 de novembro de 1996 acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle A Torre en Quintela (Navia), formulado por Jorge Pousa Floriano e redactado polo arquitecto Xosé Antonio Comesaña García, así como sometelo ó trámite de información pública polo prazo de quince días, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da casa do concello, con notificacións persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados.

O devandito acordo sinal como área afectada pola suspensión de licencias de demolición, parcelación e edificación a abranguida polo seu ámbito, cos seguintes lindes:

Norte: predios de Avelino Alonso e Benjamín Fernández.

Sur: predio de Almanzor Carrera.

Leste: propiedade de José Costas Alonso.

Oeste: propiedade de Almazor Carrera e camiño público.

Vigo, 2 de decembro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde