Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de plenamento municipal de Mos, no lugar de Santiaguiño-Arrufana, parroquia de Louredo, na sesión plenaria celebrada o día 11 de xaneiro de 1997, sométese a información pública polo período dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no xornal Faro de Vigo, podendo ser consultado o expediente na secretaría da Casa do Concello de 9 a 14 horas.

Quedan suspendidas as licencias ás que se refire o Art. 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, que se estende a toda a área á que se refire a modificación.

Mos, 14 de xaneiro de 1997.

Justo J. González Ballesta

Alcalde

259