Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Industira, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do parque eólico das Paxareiras II-C nos concellos de Mazaricos, Muros e Carnota.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos abmientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se sometan ó trámite de información pública, durante quince días hábiles. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico das Paxareiras II-C, nos concellos de Mazaricos, Muros e Carnota e solicitado pola empresa Eurovento, S.L.

Segundo.-Para efectos informativos o estudio de efectos ambientais porase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria.-Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia da Coruña.-Concello de Mazaricos.-Concello de Muros.-Concello de Carnota.

Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.

Cuarto.-Unha vez finalizado o prazo remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

0295