Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa José Matanza García, no concello de Carballedo (Lugo) e se inclúe no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994. (Expediente 4605 A.T.).

Visto o escrito presentado pola empresa José Matanza García, con enderezo para efectos de notificacións en Casares, 27528 Carballedo, Lugo, e tendo en conta os seguintes, feitos:

Primeiro.-O día 31 de xullo de 1996, a referida empresa, dedicada a serradoiro de madeira, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxías renovables, para a planta de coxeración que ten previsto instalar na sua factoría do concello de Carballedo (Lugo). Acompaña á dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos alcanzables e de aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas e o resto da documentación á que fai referencia o artigo 5.4º do citado Real decreto 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Un motor de combustión interna alternativo alimentado por gasóleo C, de 1.150 KW; un xerador síncrono trifásico de 1.440 KVA c/u, tensión de xeración 380 V; un centro de transformación r/t 5000/380 montado en interior; instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando sinalización e medida.

Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo dictou resolución, do 19 de agosto de 1996, pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 29-8-1996 e no BOP de Lugo, do 3-9-1996, sen que se presentase no período legalmente establecido para isto alegación ningunha.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable para dita delegación provincial.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos Decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado Real decreto 2366/1994, sendo realizado o expediente con cumprimento da tramitación regulamentaria.

Terceiro.-Examinada a documentación que consta no expediente, queda de manifesto que debe accederse ó solicitado pola empresa José Matanza García e, por conseguinte, proceder á autorización administrativa da planta e a recoñecerlle a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994.

Vistos os preceptos legais e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizarlle a instalación dunha planta de coxeración á empresa José Matanza García, para situar nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Carballedo (Lugo).

Segundo.-Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, e incluíla no grupo d) do artigo 2 do dito Real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidad Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio, do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do Real decreto 2366/1994, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

O promotor presentará perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir da data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9395