Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 1997 Páx. 664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a realización do programa nacional de investigación de residuos en animais vivos (PNIR) e diagnóstico de laboratorio.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto.

Contratación de traballos específicos e concretos non habituais para a realización do programa nacio

nal de investigación de residuos en animais vivos (PNIR) e diagnóstico de laboratorio, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para a iso.

Orzamento de licitación.

Vintedous millóns cincocentas dúas mil cen pesetas (22.502.100 ptas.).

Fianza provisional.

Lotes 1 e 2:sesenta e nove mil seiscentas cincuenta e sete pesetas (69.657 ptas.).

Lotes 3, 4, 5 e 6: setenta e sete mil seiscentas oitenta e dúas pesetas (77.682 ptas.).

Fianza definitiva.

O 4% do orzamento do lote adxudicado.

Exposición do proxecto e pregos.

O proxecto así como o prego de claúsulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal e Vexetal da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións.

As proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 19 de febreiro de 1997.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

0005