Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 574

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector do comercio de maioristas de froitas, hortalizas e plátanos.

Visto o expediente do convenio colectivo de comercio de maioristas de froitas, hortalizas e plátanos, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 25-11-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Asentadores e Maioristas de Froitas, e da parte social por CC.OO., o día 11-11-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de novembro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio é de aplicación para tódalas empresas dedicadas ó comercio por xunto de froitas varias, hortalizas e plátanos, establecidas na provincia da Coruña, e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1996 e estará vixente para tódolos efectos ata o 31 de decembro de 1996.

Artigo 3º.-Denuncia.

Prorrogarase de ano en ano, se ningunha das dúas partes o denuncia cunha antelación dun mes na data de final da súa vixencia. A denuncia deberá comunicárselle ó organismo competente da Administración e á outra parte interesada.

Artigo 4º.-Normas supletorias.

Considéranse normas supletorias deste convenio as de carácter xeral, a Ordenanza laboral de traballo para

o comercio do 24 de xullo de 1971 e modificacións posteriores, así como os regulamentos de réxime interior daquelas empresas que os teñan en vigor, máis todo o que en materia laboral teña plena vixencia e non vaia contra o pactado neste convenio colectivo.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir na interpretación deste convenio someteranse obrigatoriamente á comisión paritaria, que estará integrada por catro membros da parte social e outros catro pola parte económica.

Parte social: Juan C. Esparza Fernández, Olga Montes Gómez, Alfonso Lado Silva.

Parte económica: Víctor Dopico Vázquez, José Yepes Vargas, Ángel González Río.

Artigo 6º.-Enfermidade, accidente e maternidade.

As empresas aboaranlle ó traballador en situación de baixa por I. T., accidente laboral ou maternidade, e por un período máximo de doce meses, un complemento que, sumado á prestación da Seguridade Social, alcance o cento por cento do importe íntegro do seu salario. O importe non poderá ser nunca superior ó que perciba en situación de alta no traballo.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

As empresas e traballadores manterán durante a vixencia do presente convenio e con carácter xeral, unha xornada semanal de 40 horas, de luns a venres. Esta xornada adecuarase no caso da Coruña á apertura do Mercado Central de Froitas da Coruña, que quedará establecida da seguinte maneira: de maio a agosto o horario de mañá será de 6.30 a 12 horas e o de tarde de 16.30 a 19.30 horas. De setembro a abril o horario de mañá será de 6.30 a 12 horas e o de tarde de 16.30 a 19 horas.

Se por necesidades do mercado se tivese que abri-los domingos, a xornada sería só de mañá.

Estas aperturas polo seu carácter excepcional compensaranse en tempo libre equivalente a un día completo por cada mañá traballada, ou o seu equivalente económico.

As empresas acollidas a este convenio e non situadas no Mercado Central de Froitas da Coruña, poderán establecer sobre este horario as modificacións permitidas pola lei.

Excluídos destes horarios, quedan os vixilantes e serenos pola especificidade do seu traballo a quendas.

Artigo 8º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de trinta días naturais de vacacións anuais retribuídas. Os traballadores coñecerán as datas que lles correspondan dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute das súas vacacións.

Artigo 9º.-Salario por hora profesional.

Para a súa determinación teranse en conta os conceptos seguintes:

a) Salario base.

b) Pagas extraordinarias de beneficios, xullo e Nadal.

c) Plus de antigüidade.

Os conceptos anteriores refírense a unha xornada de 1.826 horas en cómputo anual.

Artigo 10º.-Estructura salarial.

A estructura salarial de retribucións deste convenio preséntase e defínese de acordo co decreto de ordenación de salario, do 17 de agosto de 1973.

Salario base: retribución establecida por cada categoría profesional por unidade de tempo.

Complementos de salario: cantidades que, en caso, deben adicionarse ó salario por algún dos seguintes conceptos:

-Personais: antigüidade.

-Por calidade ou cantidade de traballo: horas extras.

-Por vencemento periódico superior ó mes: paga de xullo, paga de Nadal e paga de beneficios.

-Devengos non salariais: plus de transporte.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse de acordo co establecido no Decreto do 17 de agosto de 1973 e disposicións vixentes en materia de complementarias, e cun recargo do 75 % sobre o valor da hora ordinaria.

A teor do exposto, neste sector as horas extraordinarias realizadas en domingos e festivos aboaranse cun recargo do 100 % do seu valor.

Ámbalas partes acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios urxentes, así como o caso de risco de perda de materias primas: realización e sen ningún recargo sobre o valor da hora ordinaria.

3. Horas extraordinarias estructurais, que non son necesarias para pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural, derivadas da natureza da actividade de que se trate: mantemento, sempre que non caiba a utilización das modalidades de contratación temporal ou parcial, previstas na lei.

Será obrigatorio facer constar na nómina oficial de salario o número ou importe das horas extraordinarias realizadas.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse tres pagas extras, que se farán efectivas nos días laborables inmediatamente anteriores ó 22 de xullo, 22 de decembro e ó 22 de marzo. A contía das tres pagas será de 30 días de salario real, máis antigüidade.

Artigo 13º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días nos casos de nacemento de fillo, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de dous días máis.

c) Dous días por traslado de domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e a súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do vinte por cento das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasar ó traballador afectado á situación de excedencia, regulada no apartado 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe dela do salario a que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións.

A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito pola reducción da xornada laboral en media hora coa mesma finalidade.

Quen, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Artigo 14º.-Roupa de traballo.

Haberá que aterse ó disposto na Ordenanza laboral do comercio, se ben se lles entregará a tódolos traballadores dúas pezas de roupa ó ano, como mínimo, sempre e cando as necesiten en función da actividade que vaian desenvolver e de acordo coas normas de seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 15º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte cunha cantidade de 5.868 ptas. mensuais para axudar a gastos de desprazamento e aboables en 12 pagas.

Por razón da súa natureza, este plus non será absorbible nin compensable por ningún outro concepto.

Artigo 16º.-Período de xubilación anticipada e voluntaria.

As empresas aboarán un complemento de xubilación a aqueles traballadores que, con dez anos de antigüidade como mínimo nela, se xubilen de mutuo acordo coa empresa. A súa contía irá en pesetas:

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 350.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 300.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 250.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 200.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 150.000 ptas.

Para a súa percepción, deberá solicitarse no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente. Se, cumpridos os 64 anos de idade e seis meses máis, o traballador non solicitase a xubilación, perderá o dereito a este complemento.

Este artigo quedará en suspenso no caso de que, por disposición de rango superior, se reducise a idade de xubilación.

Artigo 17º.-Despedimento por reestructuración de cadro de persoal.

As empresas quedan obrigadas á readmisión prioritaria dos traballadores despedidos en caso dunha nova ampliación do cadro de persoal, a antigüidade, en caso de que percibisen indemnización, será a da data de reingreso; en caso contrario, respectrarase a antigüidade primitiva.

Artigo 18º.-Plus de antigüidade.

Aboarase de acordo co importe do cuadrienio fixado nas táboas salariais anexas.

Artigo 19º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse aquelas condicións máis individualmente recoñecidas que no seu conxunto sexan máis beneficiosas que as estipuladas neste convenio.

As táboas salariais serán as que figuran no anexo ó texto deste convenio.

Artigo 20º.-Axudas de custos.

Os traballadores afectados polo presente convenio nos casos que por razón do seu traballo teñan que xantar, cear, pasa-la noite, etc., fóra do seu domicilio habitual, cobrarán as seguintes axudas de custos: xantar (950 ptas.); xantar e cea (1.500 ptas.); xantar, cea e durmida (2.500 ptas.); en caso de superar estas condicións presentaranse as facturas correspondentes.

Artigo 21º.-Dereitos sindicais.

As empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores a sindicárense libremente, admitirán que os traballadores afiliados a un sindicato poidan recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo e sen perturba-la actividade normal das empresas. Non poderán suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco despedir un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma,

a causa da súa afiliación ou actividade sindical. Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas nas que dispoñan de afiliación apreciable, co fin de que sexa distribuída fóra das horas de traballo, e sen que, en todo caso, o exercicio de tal práctica puidese interrompe-lo desenvolvemento do proceso productivo.

Cota sindical

Por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais ou sindicatos que posúen a representación a que se refire este apartado, as empresas descontarán na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato ó que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou cartilla da caixa de aforros á que debe ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

A dirección da empresa entregará copia da transferencia á representación sindical da empresa, se a houbese.

Excedencias

Poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que posúa cargo sindical de relevancia provincial e nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se encontre no exercicio do dito cargo, reincorporándose á súa empresa se o solicitase no termo dun mes, ó finaliza-lo desempeño daquel. Nas empresas con cadro de pesoal inferior a 50 traballadores, os afectados polo termo da súa excedencia cubrirán a primeira vacante que, do seu grupo profesional, se produza no seu cadro de persoal de pertenza, salvo pacto individual en contrario.

Participación das negociacións de convenios colectivos.

Ós delegados sindicais ou cargos de relevancia nacional das centrais recoñecidas no contexto do presente convenio implantadas nacionalmente e que participen nas comisións negociadoras de convenios colectivos, mantendo a súa vinculación como traballadores en activo dalgunha empresa, seranlles coñecidos permisos retribuídos por elas, co fin de facilitárlle-lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da antedita negociación, sempre que a empresa estea afectada pola negociación en cuestión.

Función dos delegados de persoal.

Ademais dos dereitos recoñecidos polas leis, terán dereito a seren informados con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre a reestructuración de cadro de persoal, peches totais ou parciais, definitivos ou temporais e as reduccións de xornada, sobre o traslado total ou parcial das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

En función da materia de que se trate, deberán ser informados:

Sobre a implantación ou revisións de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias (estudios de tempos, establecidos de sistemas, de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo).

Sobre a función, absorción ou modificación do status xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que afecte ó volume do emprego.

O empresario facilitaralle ó delegado de persoal o modelo ou modelos de contratos de traballo que habitualmente se utilicen.

Sobre sancións impostas por faltas moi graves e, en especial, en supostos de despedimento.

Exerce-lo labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

1. Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e Seguridade Social, así como respecto ós pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas perante as empresas e os organismos ou tribunais competentes.

2. As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo da empresa.

Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

Velarán non só porque nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa vixente, senón tamén polos principios de non discriminación, igualdade de sexo ou fomento dunha política racional de emprego.

Garantías.

Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por renovación ou demisión, e sempre que o despedimento ou sanción se baseen na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas, deberá tramitarse o expediente contradictorio, no que serán oídos, á parte do interesado, o delegado de persoal e o delegado do sindicato ó que pertenza, no suposto de que sea atopase recoñecido como tal na empresa.

Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou enconómicas.

Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causas ou por razón do desempeño da súa representación.

Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso produc

tivo aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa normativa legal vixente para tal efecto.

Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina.

Artigo 22º.-Incremento salarial e revisión.

Para o presente ano establécese un incremento salarial do 4,5 % sobre as táboas salariais de 1995, cuns salarios resultantes que se recollen na táboa salarial anexa ó presente convenio.

Así mesmo, páctase unha revisión salarial deste convenio nos seguintes termos:

-Efectuarase unha revisión tan pronto como se constate un crecemento do IPC superior ó 4,5% o 31 de decembro de 1996. A dita revisión, se se produce, terá efectos sobre tódolos efectos económicos e aplicarase con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1996.

-Ámbalas partes acordan mante-lo establecido nos convenios, Estatuto dos traballadores, ordenanzas laborais e disposicións legais durante 1996.

Artigo 23º.-Contratos de aprendizaxe.

Poderanse celebrar contratos de aprendizaxe para tódalas categorías profesionais, incluso para os mozos e mozos especializados, os cales, se cumpren os tres anos de contrato de aprendizaxe e continúan prestando os seus servicios na empresa, pasarán automaticamente á categoría de envasador ou repoñedor.

Os ditos contratos de aprendizaxe poderanse efectuar con traballadores en idades comprendidas entre os 16 anos e os menores de 24 anos.

A aqueles traballadores menores de 24 anos e maiores de 21 que sexan contratados a través do dito contrato de aprendizaxe, mesmo se superan a idade de 24 anos, poderánselles prorroga-los ditos contratos ata o tempo máximo de tres anos.

As retribucións salariais para os traballadores contratados con esta modalidade de contratos serán iguais ó 80 %, 90 % e 100 % do salario base da súa categoría profesional vixente en cada momento, durante e respectivamente, o primeiro, segundo ou terceiro ano de vixencia do contrato.

Artigo 24º.-Contratos en prácticas.

A retribución dos traballadores cun contrato en prácticas será do 80% e 90% do salario base da súa categoría profesional durante o primeiro ou segundo anos de contrato respectivamente.

Artigo 25º.-Contrato eventual.

1. Tendo en conta as especiais características do sector, que trae consigo frecuentes e irregulares, períodos nos que se acumulan as tarefas, as empresas poderán concertar contratos eventuais, ó abeiro do establecido neste convenio e no artigo 15 b do E. T., por un prazo máximo de tres anos.

2. Cando se concerten estes contratos por un prazo inferior ó máximo establecido, poderán prorrogarse

por acordo das partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, coa excepción dos primeiros seis meses do contrato, en que as prórrogas poderán efectuarse expresamente por períodos inferiores, sen que, en ningún caso, o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo de tres anos.

3. Naqueles casos en que o contrato se concertase por un prazo inferior ó máximo establecido, e chegado ó seu termo non existise denuncia previa de ningunha das dúas partes nin existise acordo expreso de prórroga, pero se continuase realizando a prestación laboral, entenderase prorrogado tacitamente por outro período igual de seis meses, e así sucesivamente ata que o tempo acumulado sexa de tres anos. Non obstante, nos primeiros seis meses de contrato as prórrogas pactadas deberán efectuarse obrigatoriamente por escrito.

4. Os contratos desta natureza xa vixentes na data de entrada en vigor do presente convenio poderán acollerse á duración máxima de tres anos.

5. Entenderase para tódolos efectos previdos neste precepto que concorren as circunstancias previstas no artigo 15.1 b do E.T., coa simple remisión do presente artigo deste convenio colectivo, realizada no contrato de traballo.

Artigo 26º.-Cesamento voluntario.

O traballador cunha antigüidade na empresa superior a un ano, no caso de cesar voluntariamente na empresa, deberá notifica-la dita decisión ó empresario cunha antelación mínima de 15 días. No suposto de que o dito aviso previo se incumpra total ou parcialmente, a empresa poderá descontarlle ó traballador, na súa liquidación e saldo, o importe do salario diario polo número de días do período de aviso previo incumprido.

Artigo 27º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo, establécense os seguintes mecanismos:

1º. Comisión paritaria do convenio.

2º. Mecanismos do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegarase a seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos dous últimos exercicios nos que se demostre que durante eles se producen perdas reais. Non obstante, naqueles casos en que a estabilidade do emprego se vexa seriamente comprometida por causas económicas, para a aplicación da citada cláusula teranse en conta soamente os datos económicos do exercicio anterior.

-Plan de viabilidade para o período en que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica e a súa repercusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Convenio colectivo do sector de comercio de maioristas de froitas varias, hortalizas e plátanos da Coruña.

CategoríaSalario

mensual

AntigüidadeSalario

anual

Director comercial92.3573.1301.385.355
Encargado xeral92.3573.1301.385.355
Dependente83.6953.1301.255.425
Oficial administrativo86.3303.1301.294.950
Axudante82.6493.1301.239.735
Chofer83.6953.1301.255.425
Chofer repartidor83.6953.1301.255.425
Mecánico83.6953.1301.255.425
Axudante mecánico81.4593.1301.221.885
Aux. administrativo82.6493.1301.239.735
Aux. Admtvo. menor de 18 anos72.0463.1301.080.690
Mozos81.4593.1301.221.885
Axdte. menor de 18 anos72.0463.1301.080.690
Vig.-sereno-ordenanza81.4593.1301.221.885
Persoal limpeza81.4583.1301.221.885

0176