Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 1997 Páx. 572

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de xaneiro de 1997 pola que se suprimen postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a proposta da Diputación Provincial de Ourense, relativa á supresión do posto de colaboración de vicesecretario da mencionada corporación provincial, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e no artigo 2.g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

A supresión do posto de colaboración de vicesecretario da Diputación Provincial de Ourense.

Contra a presente orde, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110, 3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

96-171