Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTO DO SON

ANUNCIO.

Polo presente anuncio ponse en coñecemento de tódolos posibles afectados que a corporación municipal, con data 27 de novembro pasado, aprobou inicialmente a proposta de ordenación da unidade de actuación (UA-5) vila de Porto do Son das normas subsidiarias municipais, antiga fábrica de conservas Hermanos Places, así como o cálculo de aproveitamento urbanístico desta, promovido pola sociedade Vector Plus, S.L.

O que se participa para que, no prazo de quince días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, poida examinarse o expediente na secretaría do concello, de 9 a 14 horas, para presentación das alegacións que procedan.

Porto do Son, 3 de decembro de 1996.

Ramón Quintáns Vila

Alcalde

0214