Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 28 de novembro de 1996, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido por Compañía Hijas de la Caridad, referido ó solo urbano coa cualificación de casco na área delimitada pola esquina das rúas Calvo Soleto e A Estrada, publica-lo presente acordo e comunicarllo á Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo no prazo de dez días, así como ós propietarios e interesados directamente afectados, comprendidos no ámbito territorial estudio de detalle.

O que se fai público en cumprimento do preceptuado no artigo 140,6º do Regulamento de planeamento.

Marín, 29 de novembro de 1996.

Augusto Casal Sánchez

Alcalde-presidente

9179