Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía do día de hoxe en aplicación da competencia dada polo Real decreto-lei 5/1996, do 7 de xuño, de modificación parcial da

Lei 7/1985, do 2 de abril, resolveuse aprobar definitivamente o proxecto de urbanización redactado polo arquitecto Santiago González Rodríguez e promovido por Fomento y Desarrollo Económico, S.L., para Gadisa e outros, para un soar sito entre as avenidas da Coruña e de Ferrol, encamiñado ó desenvolvemento do estudio de detalle aprobado definitivamente polo Pleno desta corporación municipal en sesión do 30 de setembro de 1996.

O que se fai público en aplicación do artigo 124 do Real decreto-lexislativo 1/1992, do 26 de xuño (polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana) e do artigo 140.6º do Real decreto 2159/1987, do 23 de xuño (polo que se proba o Regulamento de planeamento).

A dita resolución pon fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que se utilice e interpoña calquera outro que se considere conveniente.

Ribeira, 13 de xaneiro de 1997.

José Luis Torres Colomer

Alcalde

9229