Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 17 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias LU-229/1996 e LU-241/1996 devoltas polo servicio de correos por encontrarse ausentes nas horas de reparto o seus destinatarios.

De conformiada co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda Galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancios número 311-152-116/7 Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

ANEXO

-Expediente: LU-229/1996.

Denunciado: Julio Teijeiro Veiga.

DNI: 34.217.214.

Último enderezo coñecido: San Lázaro, 15, Sarria (Lugo).

Feito denunciado: transporta-lo día 27 de maio de 1996 no vehículo matrícula LU-2141-M, 15 animais porcinos sen identificar.

Precepto infrinxido: artigos 1, 5 e 7 do Real decreto 205/1996 e 7 do Decreto 355/1994.

Precepto sancionador: artigo 224 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 15.000 ptas.

-Expediente: LU-241/1996.

Denunciado: Manuel A. Otero Comesaña.

DNI: 35.978.231.

Último enderezo coñecido: r/ Laxe, 3, Parada-Nigrán, Pontevedra.

Feito denunciado: encontrarse o día 19 de xuño de 1996 no recinto feiral de Monterroso, a exerce-la actividade comercial de trato co carné de tratante sen o refrendo de 1996.

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 5.000 ptas.

Lugo, 17 de decembro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

0004