Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 16 de decembro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada FD número 8 a favor de Mª Teresa Piñeiro Piñeiro e Manuel Ferreirós Fernández.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do servicio técnico-xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: FD nº 8.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula 31.

Data da concesión: 26-4-1967.

Data do remate da última prórroga: 3-6-1997.

Anterior concesionario: Elena Fernández Dieste.

Novo titular da concesión e batea: Mª Teresa Piñeiro Piñeiro e Manuel Ferreirós Fernández.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 16 de decembro de 1996.

P.D. (Orde do 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

0002