Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

Asistencia técnica consistente no alugueiro dun helicóptero con destino a vixilancia, detección e dirección da extinción de incendios forestais en 1996.

Empresa adxudicataria: Heli-Europa, S.A.

Orzamento de adxudicación: 18.000.000 de ptas.

Asistencia técnica xestión integrada, ampliacións novas funcións, mantemento das aplicacións informáticas e axudas A e B da Subdirección Xeral de Axudas Estructurais.

Empresa adxudicataria: Seresco Asturiana, S.A.

Orzamento de adxudicación. 22.532.940 ptas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1996.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

0039