Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 1997 Páx. 553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/247-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., CC.TT. en R.B.T. Sanín.

Situación: Brión.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea de 1.603 m de lonxitude con orixe en L.M.T. a C.T. Saime, expediente 52.096 e final nop C.T. Buio a construír. Tres L.M.T. aéreas, derivadas da L.M.T. anterior, de 367 m, 40 m e 404 m de lonxitude respectivamente e final nos C.T. que se van construir de Piñeiro, Souto e Sanín. Catro CC.TT. de 50 kVA c/u, tipo intemperie. Redes de BT dos CC.TT. citados, en R.Z. cunha lonxitude total de 255 m. Municipio de Brión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

0038