Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 117 do TR da Lei do solo e 31 da LASGA faise público que por resolución da alcaldía, do 8 de xaneiro de 1997, se prestou aprobación inicial ó proxecto de urbanización presentado por Promocións Virxe de Vilaselán, S.L. para a unidade de execución número 10-B do plan xeral.

Este expediente queda sometido a información pública durante o prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ó de publicación deste anuncio, período durante o que as persoas interesadas poderán examinalo na secretaría municipal en horas de oficina (de 9 a 14 horas) e presenta-las alegacións, que se é o caso consideren.

Ribadeo, 8 de xaneiro de 1997.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde

0101