Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

APROBACIÓN definitiva de estudio de detalle.

A Corporación Municipal en Pleno, na sesión celebrada o día 19 de decembro de 1996, adoptou o acordo de aprobar definitivamente, por maioría absoluta, o estudio de detalle presentado por Jaime Enrique Vilariño Casal e outros, sen modificacións sobre aprobación inicial efectuada por acordo plenario, do 25 de setembro de 1996, e cos mesmos fins e efectos, que foron publicados no BOP do 10 de outubro seguinte, número 234, e no DOG número 203, do mesmo mes.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, e facendo saber que este acordo esgota a vía administrativa, podendo interpoñer contra este, recurso contencioso-administrativo, perante a sala desta xurisdicción do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia último no que apareza, neste caso deberánlle comunicar previamente por escrito perante este concello, segundo o dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Melide, 20 de decembro de 1996.

Miguel R. Pampín R.

Alcalde

162