Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

O Concello en Pleno, en sesión celebrada o día 26 de decembro de 1996, adoptou o acordo de prestarlle a súa aprobación inicial ó proxecto de plan parcial de parque empresarial de Guitiriz.

En cumprimento do disposto no artigo 128 do Regulamento de planeamento para o desenvolvemento da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, o dito documento queda exposto ó público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, durante o cal poderán formularse, perante esta alcaldía, as reclamacións ou observacións que se consideren pertinentes.

Guitiriz, 30 de decembro de 1996.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa

9661