Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 504

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

UNIVERSIDADE POPULAR DE VIGO

ANUNCIO.

Concurso aberto para a contratación do servicio de limpeza nas dependencias da Universidade Popular.

1. Entidade adxudicataria: organismo: Universidade Popular do Concello de Vigo. Dependencia: nº expediente.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicio de limpeza nas dependencias da Universidade Popular.

Lotes: nº.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: 4 anos contados a partir do 1 de febreiro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 16.000.000 de ptas.

5. Garantías:

ProvisionaL: 320.160 ptas.

Definitiva: 640.320 ptas.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral da Universidade Popular, r/ García Barbón, 5, 36201 Vigo, teléfono (986) 22 80 88.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos dao contratista.

Clasificación: grupo III (servicios), subgrupo 6 (limpeza e hixienización), categoría A.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: data límite: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula XII do prego de condicións.

Lugar de presentación: véase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: eentidade, domicilio e localidade: oficinas administrativas da Universidade Popular, r/ García Barbón, 5, 36201 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase o previsto na cláusula XXI.

11. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 2 de xaneiro de 1997.

Mª Teresa Fernández Piñeiro

Presidenta da Xunta Rectora da Universidade Popular