Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia apertura do prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de concesións para a ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nunha zona do porto de Pedras Negras destinada a dársena nauticodeportiva.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia portuaria, en virtude das facultades que teño conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8-2), sobre delegacións de competencias no presidente do Ente Público Portos de Galicia,

RESOLVO:

A apertura do prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de concesións e utilización exclusiva de prazas de amarre nunha zona que se vai construír no porto de Pedras Negras, destinada a dársena nauticodeportiva, que se rexerá polo prego de condicións e de bases aprobado para o efecto e que estará a disposición dos interesados na sede central do Ente Público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5º A, 15707, Santiago de Compostela, e na sé social do clube náutico San Vicente do Mar sita no peirao do Espiño s/n, San Vicente do Mar (O Grove).

O prazo de presentación de solicitudes é de seis meses e iniciarase o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral de Portos de Galicia, Área Central, praza de Europa 5º A, 15707 Santiago de Compostela, ou a través do clube náutico San Vicente do Mar, con domicilio en peirao do Espiño s/n, San Vicente do Mar (O Grove).

Ábrese un prazo de vinte días para que calquera persoa ou entidade interesada poida presentar na

sé central do Ente Público Portos de Galicia, sita na praza de Europa , 5º A, 15707, Santiago de Compostela, cantas alegacións considere procedentes, sobre a presente convocatoria.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1997.

P.D. (Orde 29-1-1996, DOG nº 28, 8-2-1996)

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

9528