Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do mantemento dos equipos informáticos nos órganos xudiciais de Galicia.

1.-Entidade adxudicadora.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

a) Organismo: Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

c) Enderezo: praza de Europa, 5-A, 4º andar. 15703 Santiago de Compostela. Telf. (981) 54 62 05. Fax: (981) 54 62 15.

2.-Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: mantemento dos equipos informáticos dos órganos xudiciais de Galicia.

3.-Orzamento base de licitación.

Orzamento: vintecinco millóns duascentas mil pesetas (25.200.000 ptas).

Aplicación orzamentaria: 13.02.123A.216

4.-Prazo de execución do contrato.

Desde a data da sinatura do contrato ata o día 31 de decembro de 1997.

5.-Garantías.

a) Provisional: cincocentas catro mil pesetas (504.000 ptas.).

b) Definitiva: un millón oito mil pesetas (1.008.000 ptas.).

6.-Clasificación esixida ó contratista (só persoas xurídicas).

Grupo III, subgrupo 7, categoría B.

7.-Presentación de proposicións.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª andar, 15771 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro (13) día natural, ás 14 horas, agás que o último día fora inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en tres sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8.-Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas particulares.

9.-Modelos de proposición.

O que figura como anexo I no prego de cláusulas administrativas particulares.

10.-Prego de cláusulas administrativas particulares.

Tódolos interesados poderán consultalos na secretaría xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª andar, 15771 Santiago de Compostela.

11.-Apertura das proposicións.

Terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de instancias.

12.-Solvencia económico-financeira e técnica dos licitadores.

As condicións mínimas de carácter técnico e profesional ás que deberán axustarse os licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

13.-Criterios de adxudicación do concurso.

Relaciónanse no apartado 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14.-Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Tres meses.

15.-Incumprimento do contrato.

Relaciónanse no prego de cláusulas administrativas particulares.

16.-Anuncios.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

0168