Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e estatutos da Confederación Central de Organizaciones de Productores Mejilloneros de Galicia (Cemega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento de Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Confederación Central de Organizaciones de Productores Mejilloneros de Galicia (Cemega) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita confederación as federacións, confederacións e grandes organizacións de productores que agrupen polo menos seis asociacións de productores de mexillón e que conten cun mínimo de 30 viveiros cada unha.

Asinan a acta de constitución: Manuel Antonio Franco Ramos en representación da Federación de Asociaciones de Mejilloneros de Arosa y Note, e Josefino Gondar Otero pola Organización de Productores de Mexillón de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

0145