Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación de Médicos y Practicantes Interinos de APD de Galicia (AMPI-APD de Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 1 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento de Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou con data 6-12-1996, certificación do secretario da referida asociación, José Noval Cinza, avalada co visto e prace do seu presidente, na que se recolle o acordo da modificación estatutaria adoptado na asemblea ordinaria celebrada o 16-11-1996, e que se concreta no cambio de domicilio social, pasando á Ronda das Mercedes, 50-6º E de Lugo.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

9670