Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1996 pola que se fai pública a adxudicación, polo sistema de concurso aberto, con trámite de urxencia, da subministración de mobiliario para o ILGG.

Para os efectos do disposto no artigo 94, da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que, por resolución do presidente do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, con data 12 de decembro de 1996, se lle adxudicou o contrato á empresa Sutega, S.A. por un importe de dez millóns trescentas vintesete mil catrocentas setenta e unha pesetas (10.327.471 ptas.).

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Presidente do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

9609