Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/183-1)

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., 20 kV, C.T. R.B.T. Guxín.

Situación: Ponteceso.

Características técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e conductor LA-56, de 33 m de lonxitude, con orixe na liña Nemeño-Corme e final no C.T. que se instalará en Guxín. Centro de transformación aéreo de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Guxín, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.226 m de lonxitude en Guxín. Concello de Ponteceso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9676