Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/101-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

-Enderezo social: Mancebo, 6, 15000 Pontedeume.

-Denominación: L.M.T. e C.T. Muíños.

-Situación: Irixoa.

Descripcións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 904 m de lonxitude, en LA-56, que parte da L.M.T. Ambroa-Caselas e final no C.T. que se proxectará de Muíños, de 160 kVA a 15.000+2,5-5-7,5%/398-230 voltios. Concello de Irixoa.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 5 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9688