Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/121-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: rúa Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., CC.TT.II. e R.B.T. en Texo e Ramil.

-Situación: Vedra e Boqueixón.

-Descripcións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos, con conductor LA-56, de 1.872 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Gándara-Nande (Expte. 10516) e final no C.T. que se instalará en Ramil.

Dous centros de transformación aéreos, de 50 kVA/U, sobre apoios de formigón, en Texo e Ramil con tensións de 20/0,380-0,220 kV, dos que parten redes de baixa tensión en conductor R.Z. de 37 e 43 m de lonxitude respectivamente. Vedra e Boqueixón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 4 de decembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9684