Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde de 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitución analítica da obra de acondicionamento da estrada C-545. Treito: Santa Comba-Baio.

Adxudicatario: Topogal, S.L.

Orzamento: 4.003.160 ptas.

-Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada OU-311. Treito: N-525 A Mezquita.

Adxudicatario: Cenigal, S.L.

Orzamento: 2.816.016 ptas.

-Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada AC-443. Negreira-Brandomil. Treito: A Pereira-Corneira.

Adxudicatario: Ciesa.

Orzamento: 4.381.390 ptas.

-Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada Arzúa-Portodemouros.

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 7.992.516 ptas.

-Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada Portodemouros-Vila de Cruces.

Adxudicatario: Idasa.

Orzamento: 9.085.350 ptas.

-Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada AC-400. Treito: Sigrás-Celas.

Adxudicatario: Ceinsa.

Orzamento: 4.836.922 ptas.

-Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada PO-351. Treito: Couso-Tomiño.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 10.532.452 ptas.

-Asistencia técnica para control e vixilancia das obras de acondicionamento AC-441. Treito: Baíñas-Brandomil.

Adxudicatario: Cor Control, S.A.

Orzamento: 7.600.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de Contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9560