Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0468; XG-028, entre San Clemente e Pontevedra, con anexos.

O acordo directivo do 18 de outubro de 1996 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa Castromil, S.A. por cesión do seu anterior titular, Manuel e Avelino Garrido, S.L.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos ós que se condicionou a dita autorización, quedando subrrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

9702