Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de decembro de 1996 de notificación do acordo tomado polo delegado desta consellería en Pontevedra, polo que se ordena a incoación do expediente sancionador 59.4/95, por presunta infracción da lexislación de costas, se nomean instructor e secretario deste, e se adoptan medidas provisionais; e do prego de cargos formulado polo instructor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I, o acordo do delegado desta consellería en Pontevedra, polo que se ordena a incoación do expediente sancionador polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo LC), e do seu regulamento (en diante RC); nomeándose instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Alfonso Santiago Domínguez, ámbolos dous funcionarios do Servicio Provincial de Costas desta delegación provincial, e adóptanse as medidas provisionais especificadas.

Os nomeamentos do instructor e do secretario poderán ser impugnadas polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Contra a orde de paralización poderá interpoñerse recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II, os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de 10 días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei de costas, aprobado polo Real decreto 1471/1989, e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 ( en adiante R.C.).

Pontevedra, 13 de decembro de 1996.

Guillermo Sáez Díaz

Xefe do Servicio Provincial de Costas

ANEXO I

Expediente número: 59.4/95.

Denunciada: Julia Penedo Goberna.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: rúa Manuel de Castro, 12-2º Vigo.

Data do acordo: 7-10-1996.

Feitos: construcción de cimentación e placa para vivenda.

Lugar: praia de Areacova-Aldán.

Concello: Cangas.

Medidas provisionais: ordenar a inmediata paralización das obras ou actividades obxecto do presente expediente, advertíndolle que, noutro caso, se procederá ó seu precinto ou á retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra e a maquinaria afecta a esta, de conformidade cos artigos 103 e 104 da L.C. e 194 e 195 do R.C.

Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese impoñerse, segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1 do R.C.

ANEXO 2

Preceptos infrinxidos: artigos 25.1º a), 25.2º e 26.1º da L.C. e artigos 45.1º a), 46.1º e 48.1º do R.C.

Preceptos sancionadores: artigo 90 c) da L.C. e artigo 174 c) do R.C.

Cualificación e contía da posible sanción: artigos 91.2º e) e 97.1º da L.C. e artigos 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do R.C. puede recaer unha mulata do 25% do valor das obras executadas.

9576