Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 485

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (137/1996).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión e o seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo xustiza gratuíta númer 137/1996, por instancia de Josefa Trillo Liñeiro, contra Amparo Marcote Domínguez e outros; nestes autos, por resolución do día da data, acordouse notificar ó referido demandado/a Amparo Marcote Domínguez e Ramón Lago Rodeiro por edictos, a sentencia coa parte dispositiva seguinte:

«En Corcubión o vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis. Zulema Gento Castro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta vila, pronuncia en nome de El-Rei a seguinte sentencia, vistos os precedentos autos número 137/1996 seguidos perante este xulgado en virtude de demanda de beneficios de xustiza gratuíta, formulada polo procurador Bujeiro Lourido en representación de Josefa Trillo Liñeiro, asistida do letrado Pérez Riveiro, contra Amparo Marcote Domínguez e Ramón Lago Rodeiro, ambos en rebeldía procesual en contra o letrado da Xunta de Galica, recaendo sobre eles a presente resolución con base os seguintes.

Decido, que estimando a demanda interposta polo procurador Buejeiro Lourido en nome e representación de Josefa Trillo Liñeiro, debo recoñecer e recoñezo o dereito ó beneficio de xustiza gratuíta, co obxecto de tramitar demanda de interdicto contra Ramón Lago Rodeiro e Amparo Marcote Domínguez, declarando de oficio as custas causadas. Notifíquese ás partes en forma legal, e fágaselles saber que esta resolución non é firme, e contra ela cabe interpor recurso perante este xulgado, no termo de cinco días, recurso de apelación perante a audiencia provincial. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa insercción no BOP e para que sirva de notificación en forma ó demandado, expídese a presente cédula en Corcubión o vinteún de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

8885