Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 1997 Páx. 485

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (310/1996).

En virtude do acordado en resolución desta data, nos autos de referencia, pola presente cédula cítase de remate o referido demandado Entidad Mercantil T.S. Trans, S.L. co fin de que dentro do termo improrrogable de nove días hábiles se opoña á execución contra

el despachada, se lle convén, e compareza en forma nos autos por medio de avogado que o defenda e procurador que o represente, apercibíndoo de que de non o verificar será declarado en rebeldía procesual e recaerá sobre el o prexuízo a que houbese lugar en dereito. Faise constar expresamente que, por se descoñece-lo paradoiro do demandado practicouse embargo sobre bens da súa propiedade sen previo requerimento de pagamento.

Principal: 1.013.420 ptas.

Xuros, gastos e custas: 322.110 ptas.

En Santiago de Compostela o vinte de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9715