Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da obra: corredor de alta velocidade Monforte de Lemos-Lalín, treito: Escairón-Monforte de Lemos III, de clave N/LU/85.2.1.4.

1. Nome, enderezo, número de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección xeral de Obras Públicas e Transportes. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono (981) 54 49 86, telefax nº (981) 54 45 29.

2.a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación: corredor de alta velocidade Monforte de Lemos-Lalín. Treito: Escairón-Monforte de Lemos III, de clave: N/LU/85.2.1.4.; orzamento: 1.090.148.647 ptas.

3.a) Lugar de execución: Monforte de Lemos.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: incluída no proxecto que se acompaña como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 40 meses.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no parágrafo número 1.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 3 de marzo de 1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicado no parágrafo 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado de traducción oficial.

7.a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 13 de marzo de 1997, ás 11 horas na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas: esixirase unha fianza provisional do (2%) do orzamento de contrata (21.802.973 ptas.) e unha fianza definitiva equivalente ó (4%) do orzamento de contrata (43.605.946 ptas.).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría d. Grupo G, subgrupo 4, categoría d. Grupo B, subgrupo 3, categoría d.

17. Data de envío do anuncio: 9 de xaneiro de 1997.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 9 de xaneiro de 1997.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9559