Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 1997 Páx. 449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de decembro de 1996 de notificación do acordo tomado polo delegado desta consellería en Pontevedra, polo que se resolve a caducidade do expediente sancionador 10.8/93-II e a incoación dun novo expediente sancionador 10.8/93-II (B), o mesmo presunto responsable e polos mesmos feitos, por presunta infracción á lexislación de costas, nomeándose instructor e secretario deste e do prego de cargos que formula o instructor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I, o acordo o delegado desta consellería en Pontevedra, polo que se declara a caducidade do expediente administrativo sancionador nº 10.8/93-II, incoado en virtude de resolución de data 24-2-1995, a Antonio Rozas Vigo, na súa condición de promotor das obras consistentes na construcción dun galpón no lugar de prais da Aguieira, termo municipal do Grove, dentro da zona de servidume de protección

do dominio público marítimo-terrestre, e a incoación dun novo expediente administrativo sancionador nº 10.8/93-II (B), ó mesmo presunto responsable e polos mesmos feitos, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.), nomeándose instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Alfonso Santiago Domínguez, ámbolos dous funcionarios do Servicio Provincial de Costas desta delegación provincial.

Os nomeamentos de instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou o prego de cargos do que se relacionan no anexo II, os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía de sanción polos feitos imputados, dispoñendo dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei de costas, aprobado polo R.D. 1471/1989, e modificado polos RR.DD. 1112/1992, e 1771/1994 (en adiante R.C.).

Pontevedra, 13 de decembro de 1996.

Guillermo Sáez Díaz

Xefe do Servicio Provincial de Costas

ANEXO I

Expediente nº 10.8/93-II (B).

Denunciado: Antonio Rozas Vigo.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: Avda. de Lugo, 141, Santiago de Compostela.

Data acordo: 15-11-1996.

Feitos: construcción dun galpón habitacional.

Lugar: praia da Aguieira.

Concello: O Grove.

Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese impoñerse, segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1º do R.C.

ANEXO II

Preceptos infrinxiudos: artigos 25.1º a), 25.2º e 26.1º da L.C. e artigos 45.1º a), 46.1º e 48.1º do R.C.

Preceptos sancionadores: artigo 90 c) da L.C. e artigo 174 c) do R.C.

Cualificación e contía da posible sanción: artigos 91.2º e) e 97.1º da L.C. e artigos 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do R.C. Pode recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.

9575